domingo, 2 de octubre de 2022

COUSIÑAS DA SEMANA

Esta semana foi moooooiiiii intensa fixemos unha morea de COUSAS Chulis… por aquí deixamos unha pequena recopilación de algunhas, só algunhas cousiñas bonitas das que vivímos… Este vídeo comeza cunha asamblea típica das nosas…É só un exemplo, dun día, no que Marcos trouxo ó cole moitos caracois que atopou no camiño…Partímos sempre dos seus intereses, e adaptamos a experiencia o que vai xurdindo, nesta ocasión, falamos sobre os caracois, contamos,traballamos a conciencia fonolóxica, a grafo, fixemos movemento, cantamos algunha canción de caracois…. Como vedes eles/as nos guían para achegarnos ás diferentes competencias….ó rematar dámos os BOS DÍAS e estamos listos para comezar….o que vai despois é un pequeno exemplo do NOSO día a día….que como se pode intuir nunca é igual que outro…. 


Tamén deixamos por aquí o resultado do enigma da semana pasada para o que experimentamos coas acuarelas facendo un fondo e formando o noso nome…E cómo non dímoslle unha función….


E por último personalizamos as bolsas para levar o conto da fin de semana ( coido que este mes xa podemos comezar a facer o préstamo ). A miña consigna foi que pensaran primeiro antes de facer, todxs tiñan a idea ben clara…mais a experimentación cós pinceis e a pintura acrílica foi o que primou… o resultado : verdadeiras obras de arte abstractas e un proceso do Mais enriquecedor….





No hay comentarios:

Publicar un comentario